En portada
Crónica da V Marcha a Pé Ferrol-Mugardos
- Detalles
- Escrito por Fuco Buxán

Fotos, Vídeos e comentarios na web do CCE
Onte, 22 de xullo, convocados polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, ao redor de duascentas persoas participaron nos actos da V Marcha a Pé Ferrol-Mugardos,
que partindo ás 5 da tarde do Parque Carmelo Teixeiro de Caranza, percorreu os concellos de Ferrol e Fene para rematar na Praza do Mercado de Mugardos tres horas despois, onde foron recibidos pola veciñanza de Mehá, nun ambiente festivo, con música, comida e bebida.
As intervencións de Luz Marina Torrente, Presidenta da Asociación Veciñal “O Cruceiro” de Mehá e de Manuel Rodríguez Carballeira, Coordinador do Comité, marcaron os motivos desta 5ª Marcha, que se resumen nas 10 razóns polas que Reganosa debe sair da nosa Ría e das nosas vidas.
Hoxe e sempre: ¡PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA!




